viernes, 9 de octubre de 2015

GALICIA NO SÉCULO XVIII

Características sociáis, económicas e políticas.

Experimentou un importante crecemento grazas ao desenvolvemento da agricultura e da industria.
A ilustración na segunda metade do século achegou a autores que combatiron os problemas de Galicia.
  • A SITUACIÓN SOCIAL 
      Sociadade estamental dividida polo grupo de privilexiados no que se atopaban a nobreza o clero e a fidalguía e os nos privilexiados como labregos, artesáns, funcionarios e mariñeiros.


      Os non privilexiados debían de pagar unhas rendas forais aos privilexiados por traballar nas súas terras.


      Galicia tivo problemas pola súa alta poboación polo que un gran número de campesiños foron a traballar fora.

  • SITUACIÓN ECONÓMICA  
      A agricultura galega: Engadíu novos cultivos como o millo e a pataca pero seguíu usando as vellas estruturas organizativas como os contratos forais as rendas en especie e as pequenas explotacións.


       A industrialización se centra en diferentes acitividades: elaboración de ferro, estaleiros, fábricas de louza e de sombreiros e os curtidos.


       As máis importantes foron a industria doméstica do téxtil e as fábricas de salgadura de peixe.